Aberto o prazo para participar na aula aberta de pandeireta deste sábado 24 de maio en Silleda

O vindeiro sábado día 24 celebrarase na Praza Siñor Afranio de Silleda un obradoiro de pandereita impartido por Nerea Fiuza, que imparte clases de pandeireta en distintas agrupacións de música tradicional. Tamén estará acompañada na sesión dalgunhas das integrantes de Xirandola, unha das formacións onde é mestra.
A cita, aberta a todo o público interesado, será ás 11:30 horas. Para asistir recoméndase anotarse chamando ao Concello (986 580000) ou ben enviando un mail a cultura@silleda.gal.
Fiuza será ademais a encargada de impartir o obradoiro sobre recollida que chegará o vindeiro sábado 31 xunto co vermú das cantareiras, actividade ca que remata a programación cultural do Concello de Silleda adicada á figura das cantareiras e ao legado da tradición oral.