Silleda, 11 de decembro de 2014. O vindeiro venres día 19 celebrarase no restaurante Coteliño de Silleda unha nova edición da Xuntanza de Nadal de Maiores, a partir das 14.00 horas. O menú estará composto por sopa de peixe, langostinos, xarrete con guarnición, postre e café.
O prezo é de 14 euros para veciños e socios do Club do Centro Social dos Maiores e de 15 euros para veciños doutros municipios ou persoas que non sexan socias do citado club. O dúo Punto Zero amenizará esta xornada na que non faltará o sorteo de agasallos.Para poder participar nesta Xuntanza será imprescindible estar previamente anotado. As persoas que desexen acudir poden inscribirse no Centro Social da Bandeira, no Centro Social de Silleda ou ben chamando aos teléfonos 986 581028 ou 986 592037.
Dende a Concellería de Participación Cidadá incídese na necesidade de que os asistentes estén previamente anotados.