As inscricións, no marco do programa Corresponsables, poden realizarse ata o vindeiro día 3 de decembro no Rexistro Municipal. As actividades, durante as vacacións de Nadal, serán en horario de mañá e tarde no pavillón do CEIP Plurilíngüe de Silleda e no auditorio Manuel Dopazo da Bandeira
Silleda, 21 de novembro de 2025. O Concello de Silleda, a través do departamento de Educación e Igualdade que dirixe Ángela Troitiño, organiza nas vacacións de Nadal o campamento do programa Concilia Silleda, en horario de mañá (de 09:00 a 14:00 ) e de tarde (de 16:00 a 20:00 horas) para nenos e nenas de 3 a 12 anos de idade empadroados no municipio. Esta iniciativa, no marco do Plan Corresponsables, busca facilitar a conciliación das familias durante as vacacións de Nadal, sumándose a outras iniciativas municipais neste mesmo ámbito, como o Servizo Lúdico Educativo, que continuará durante as vacacións de decembro.
O prazo de inscrición para participar neste campamento abriráse o vindeiro luns día 24 e estará aberto ata o mércores 3 de decembro.
As actividades, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas, estarán dispoñibles en Silleda, no pavillón do CEIP Plurilíngüe, e na Bandeira, nas dependencias do auditorio municipal Manuel Dopazo na Bandeira.
O custe deste servizo é similiar ao prezo público do Concilia Silleda.
As familias que desexen participar deben de cubrir o modelo normalizado de inscrición dispoñible no Rexistro municipal ou facelo a través da sede electrónica. Para máis información poden chamar ao teléfono 986 592037. As prazas asignaránse por orde de inscrición. Os formularios de inscrición están tamén dispoñibles na páxina web.
Trátase de actividades que, á marxe do do Servizo Lúdico Eudcativo, fomentarán a participación e a creatividade dos nenos e nenas participantes, ofertando ao mesmo tempo unha alternativa de conciliación para as familias. O formulario de inscrición pode descargarse a continuación:
