Silleda, 1 de decembro de 2025. O Concello de Silleda vén de abrir o prazo de inscrición para participar no primeiro dos obradoiros en familia incluídos na programación de Nadal 2025-2026.
A actividade celebrarase o domingo 7 de decembro, ás 11:30 horas, no Centro Social de Silleda, e consiste na elaboración de adornos sostibles de Nadal, que incluirá tamén unha pequena saída á natureza para recoller elementos naturais que se empregarán na creación das pezas decorativas.
Trátase dunha proposta pensada para que as familias poidan gozar dunha actividade creativa, fomentando valores como a sostibilidade, o coidado do medio ambiente e o consumo responsable, ao tempo que se promove a convivencia e o espírito navideño.
As prazas son limitadas e é necesaria inscrición previa cumprimentando o formulario no seguinte enlace:
https://forms.gle/7Tu4SRZVCzvsHnCD8
