Silleda, 6 de xuño de 2013. As persoas que desexen participar no programa de balnearios diurnos xa poden realizar a inscrición. O prazo está aberto ata o vindeiro día 25 deste mes.
Esta iniciativa, organizada pola Deputación de Pontevedra, e na que colabora o Concello de Silleda, financiando tamén parte do custe, busca contribuir ao fomento na calidade de vida dos maiores.
Os interesados poden anotarse nas dependencias da concellería de Benestar e Igualdade, no Centro Social de Silleda(986 592037).
O programa consiste en pasar cinco tardes ou mañás seguidas da mesma semana (de luns a venres) nun balneario da provincia de Pontevedra, permitíndolles facer uso das instalacións e volvendo á súa casa no mesmo día, cun servizo de autobús. Os participantes de Silleda, acudirán ao balneario Termas de Cuntis na semana que sexa estipulada polo organismo provincial. Poderán participar personas nacidas antes de 1963, pensionistas e persoas que precisen dun respiro familiar, sempre que o acrediten mediante informe do traballador/a social do Concello.
Outro dos requisitos que deben de cumprir os participantes é non padecer enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa e ter autonomía para participar no mesmo.