-As persoas interesadas poden informarse e tramitar as solicitudes no departamento municipal de Benestar Social
Silleda, 1 de xuño de 2016. O Programa de Turismo do Imserso 2016-2017 acaba de abrir xa o prazo de solicitudes, que poderán formalizarse ata o vindeiro 17 de xuño.
Esta iniciativa, enmarcada no envellecemento activo, promove actividades turísticas destinada a maiores, para facilitar a incorporación deste colectivo ás correntes turísticas, ao tempo que se palían as consecuencias do desemprego no sector turístico do país polo fenómeno da estacionalidade.
Poden participar pensionistas do Sistema Público español de pensións, pensionistas de viuvez que teñan cumpridos os 55 anos, e tamén pensionistas por outros conceptos, ou preceptores de prestacións ou subsidios de desemprego, en todos os casos con 60 anos cumpridos, ademais dos pensionistas maiores de 65.
As persoas interesadas neste programa deberán valerse por sí mesmos e non padecer alteracións de comportamento que impidan a normal convivencia nos hoteis.
Poderán participar tamén o cónxuxe ou parella de feito, sen necesidade de que éstos reúnan os requisitos de idade ou pensión. Tamén se admitirá como acompañante a un fillo ou filla con discapacidade, que teña un grao igual ou superior ao 45%, sempre que a viaxe a realice cos seus pais e que ocupe unha cama supletoria na mesma habitación do hotel.
Para inscribirse deben dirixirse ao departamento municipal de Benestar Social, situado no Centro Social de Silleda, onde lle facilitarán información e lle tramitarán a solicitude, ou ben chamar ao 986 592037.