Silleda, 1 de xuño de 2017. O Concello de Silleda, a través da Concellería de Benestar, que dirixe Pilar Peón, ben de adherirse ao programa Depotermal da Deputación de Pontevedra, que ten por finalidade promover o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que melloran o seu estado anímico potenciando movementos de participación e cooperación social, promovendo espazos de encontro e intercambio de experiencias, evitando o illamento e as situacións de soidade que poidan levar á vulnerabilidade.
.Depotermal contará con dous programas distintos. O primeiro para estadías diúrnas nos balnearios, con tratamentos de luns a venres, e outro con pernoita en réxime de pensión completa de domingo a venres.
As solicitudes para participar en calquera dos dous programas deberán presentarse nas dependencias de Servizos Sociais do Concello de Silleda a partires e mañá e ata o 1 de xullo. Para máis información, os interesados poden chamar ao 986 592037.
Poderán beneficiarse do plan termal as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan e que cumpran unha serie de requisitos establecidos nas bases do programa. “Todas aquelas persoas que estén interesadas recibirán toda a información no departamento de Benestar Social onde poderán ademais formalizar a inscrición”, explica a concelleira Pilar Peón.
Máis información no seguinte enlace