Xa está aberto o prazo para participar nos obradoiros para familias (domingos 7 e 14 de decembro) e para a mocidade (domingo 28). Máis información e formularios a continuación:
- Obradoiro de Adornos de Nadal Sostibles con saída Á natureza. (Para familias)
Domingo 7 de decembro. De 11:30h a 13:30h.
Ven desfrutar dunha xornada en familia, neste obradoiro de elaboración de Adornos de Nadal Sostibles. Se o tempo acompaña faremos unha saída á natureza para coñecer curiosidades do noso entorno e conseguir o material que utilizaremos para facer os nosos adornos. Despois elaboraremos estes adornos listos para decorar o que máis vos apeteza!
INSCRICIÓN EN: https://forms.gle/VffYmrd7Rosbp6ov7
Prazas limitadas.
- Obradoiro de galletas de Nadal. (Para a rapazada)
Domingo 14 de decembro. De 11:30 a 13:30h
Apunta aos máis pequenos e pequenas da familia a elaborar unhas exquisitas galletas de Nadal! Creatividade, diversión e sabor para esta mañá de domingo.
INSCRICIÓN EN: https://forms.gle/FDpQ3p27E4eXHGtX6
A partir de 6 anos
Prazas limitadas.
- Obradoiro de Iniciación no mundo do DJ, primeiros pasos (Para xuventude)
Domingo 28 de decembro. De 11:30 a 13:30h
Se tes entre 12 e 17 anos ou coñeces a alguén desa idade, que lle gustaría aprender a xogar coa música e mezclar os seus temas favoritos. Anótate e coñece os primeiros pasos no mundo do DJ.
INSCRICIÓN EN: https://forms.gle/YFnKYtiUiq8BqiBD6
Entre 12 e 17 anos
Prazas limitadas
