Silleda, 30 de abril de 2021. O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de Pontevedra publica hoxe venres día 30 o anuncio para a contratación temporal dun/a guía turística para a tempada estival no Punto de Información Turística do municipio, ubicado no mosteiro de Carboeiro. Esta contratación con 5 meses de duración (de xuño a outubro) realizase ao abeiro da subvención da Deputación de Pontevedra para a contratación de guías turísticos na Rede Info Rías Baixas, á que pertence a oficina silledense. As persoas aspirantes dipoñen de 5 días hábiles, contados a partir de mañá, para presentar a documentación a fin de concorrer ao posto. Entre outros, as persoas aspirantes deben presentar unha memoria para a dinamización turística no municipio. Todos os detalles do procedemento están recollidos nas bases, que se poden consultar no documento adxunto a continuación, na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello de Silleda.