-Ofertaránse 8 modalidades. As inscricións deben formalizarse no pavillón César G. Fares e na maioría dos casos, as sesión comezarán en outubro
Silleda, 9 de setembro de 2022. O Concello de Silleda abrirá o vindeiro luns o prazo de inscrición nas escolas deportivas para o vindeiro curso. As actividades comezarán a impartirse na maioría dos casos como vén sendo habitual no mes de outubro.
Se ben se arranca con 8 modalidades, dende o departamento municipal de Deportes non se descarta ampliar a oferta nas vindeiras semanas.
En principio ofértase patinaxe, kung-fu, baloncesto, zumba fitness, zumba kids, ciclismo e tamén golf e esgrima.
As inscricións realizaránse no pavillón Cesar G. Fares de Silleda, en horario de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 horas, se ben as persoas que o desexen poden cubrir o formulario (que estarán dispoñible na web) e remitilo por mail a info@silleda.gal.
As actividades impartiránse no pavillón César G. Fares e tamén ao aire libre, no caso de modalidades coma o ciclismo ou o golf.
Na escola de patinaxe, a idade límite de iniciación será para nenos e nenas nados en 2018.
Nos vindeiros días seguirase informando de distintas cuestións e novidades relacionadas cas escolas deportivas municipais. O formulario de inscrición está no seguinte arquivo adxunto: