Concentración Parcelaria na parroquia de Oleiros
📅 Este venres día 21 ás 10:30h celebrarase unha xuntanza informativa convocada pola Consellería do Medio Rural para todas as persoas propietarias e interesadas no proceso da concentración parcelaria de Oleiros, sobre a forma e o prazo para manifestar as preferencias sobre a localización dos novos predios de substitución!
🔹 As preferencias deben presentarse por escrito e de xeito razoado.
🔹 Haberá un calendario de atención ao público no local social de Oleiros os días:
🗓️24 e 25 de febreiro e 3, 4, 10 e 11 de marzo en horario
⏱️de 09:30 a 14:00 e de 15:00 a 17:00 horas.
📌 Toda a información e o modelo de manifestación de preferencias están dispoñibles neste enlace 👉 preme aquí.
Consulta o anuncio completo na imaxe 📸 !