Silleda, 22 de marzo de 2013. O Concello de Silleda vén de resolver o procedemento do contrato administrativo para adxudicar a obra “Mellora do Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira”, que se iniciou o 24 de xaneiro coa aprobación do proxecto técnico de obra. A adxudicación tramítase por procedemento negociado sen publicidade, cun prezo de licitación de 149.999,99 euros (IVE a parte). Das 11 empresas convidadas polo Concello de Silleda presentaron oferta un total de 5. Logo de abrir os sobres correspondentes á documentación administrativa (sobres A ), na sesión da xunta de goberno do pasado día 14 de marzo, concedeuse un prazo para que as empresas presentadas puideran subsanar os defectos na documentación destes sobres A.
Hoxe, noutra sesión da xunta de goberno, abrironse os sobres B, correspondentes ás ofertas económicas e técnicas. Vistas as ofertas, a xunta de gobernó adxudicou a obra a Construccións Areán, que propón 4 anos máis de garantía sobre o previsto nos pregos de contratación. Así mesmo, na súa oferta, a empresa asume todas as melloras propostas no proxecto: impermeabilización do soto, pintado especial anti humidade da fachada, dotación de estanterías de pladur na zona de biblioteca e instalación de lamas de madeira na parte esquerda da fachada (en principio só prevían no lado dereito).
Así mesmo tamén se tivo en conta a baixa na oferta económica. O prezo de licitación era de 149.999,98 euros (sin IVE) e a empresa presentou unha oferta de 146.500 euros. Tamén reduxo o prazo de execución das obras (algo presente en todas as ofertas) de 4 a 2 meses. O proceso continuará coa comunicación da proposta á empresa que deberá de presentar as correspondentes garantías para realizarse logo a adxudicación definitiva.
En outubro do pasado ano coñecíase a resolución da subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) no marco das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, ás que o Concello de Silleda concorreu co proxecto de mellora do Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira.
Segundo recolle a citada orde, para esta actuación concedéronse un total de 134.429,98 euros, o 89,6% do orzamento presentado (149.999,98 euros). Sen embargo, e coa suba do IVE aplicada dende o mes pasado, o custe total ascende a 181.4999,98 euros. Así, os 47.070 euros que restarían serían aportados por fondos municipais.
Nos orzamentos municipais de 2012 xa estaba prevista unha cantidade para a aportación que lle correspondería ao Concello, pero coa suba do IVA, dita partida deberá sufrir modificacións.
O proxecto busca a mellora da dotación do Centro Cultural Vista Alegre, todo un referente na comarca dezana no tocante á dinamización social e cultural. Con esta nova actuación poderase completar a dotación deste centro. Nas novas dependencias, na planta baixa, plantéxase un novo acceso. Dende o vestíbulo poderá accederse á aula, aseos, sala de exposicións, escenario e tamén ao antigo edificio. Na primeira planta o proxecto plantexa a dotación dunha aula multimedia e biblioteca.
Na parte exterior actuarase con gran sinxeleza, coa dotación dunha estreita franxa de céspede que remata nun zócalo de granito da sala de exposicións. También se prevé acceso axardiñado cara ao acceso principal.
Dende o goberno municipal consideráse que esta actuación permitirá materializar un proxecto moi necesario e que contribuirá a consolidar, aínda máis, o papel dinamizador do Centro Vista Alegre, mellorando os seus servizos e ofertas aos veciños da Bandeira e a súa contorna. “Trátase dunha das maiores inversións deste ano no municipio silledense”, sinala a alcaldesa, Paula Fernández.
Así mesmo, dende o executivo tamén se agradece á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural que tivera en conta este proxecto presentado polo Concello de Silleda, un dos que obtivo maior puntuación, e que responde, sen dúbida, aos obxectivos do programa, así como a colaboración inestimable da directiva da Asociación Vista Alegre.
Logo da resolución de Agader do 8 de outubro de 2012, a xunta de goberno local de Silleda aprobou o proxecto técnico de obra na sesión do pasado 24 de xaneiro. O proceso continuou na sesión do 21 de febreiro, coa aprobación do expediente de contratación e do prego de cláusulas administrativas.
Entre as axudas de Agader figura tamén outra concedida ao Concello de Vila de Cruces para o equipamento do local social de Ferreirós, que xunto co de Vistalegre foron incluídos nun convenio entre ámbolos dous municipios dezaos precisamente para traballar unidos para a posta en valor da cultura e tradicións da zona.