Silleda, 17 de marzo de 2018. O Concello de Silleda continúa apostando pola mellora da rede viaria rural do municipio. Unha das actuacións previstas para os próximos meses terá lugar na parroquia de Oleiros, en concreto no vial que discorre dende a PO-201 ata o lugar de Regalade, incluindo tamén o ramal que da acceso ao lugar de Cortegadela. O executivo silledense vén de adxudicar en Xunta de Goberno Local esta actuación á empresa Taboada y Ramos, por constituir a mellor das ofertas solicitadas.
O proxecto suporá a mellora da capa de rodadura dos dous tramos, cunha inversión total de 101.585 euros. Esta actuación enmárcase tamén no Plan de Mellora de Camiños Municipais 2017-2018 da Consellería de Medio Rural, que financia o 80% da actuación con 83.091 euros, aportándose a cantidade restante de fondos municipais.
As obras terán unha duración dun mes dende o seu inicio, segundo se recolle no proxecto.
A actuación consistirá na dotación de aglomerado en quente nos dous tramos, que suman casi 2,4 kilómetros de lonxitude (2.120 metros entre Oleiros e Regalade e outros 265 metros no ramal de Cortegadela).
“Trátase dun vial moi utilizado tanto por residentes como por vehículos agrícolas que se atopa moi deteriorado e que agora se mellorará con esta actuación”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.
Reunión da parcelaria o martes día 20
Por outra banda, o vindeiro martes día 20 ás 11:30 horas terá lugar unha nova xuntanza sobre o proceso de restructuración parcelaria no centro social da parroquia de Oleiros. Con esta reunión comeza o proceso de investigación das fincas e o personal técnico de Medio Rural e do Concello de Silleda exporán os planos dos terreos que entrarán na concentración.