Silleda, 15 de abril de 2017. A Xunta de Goberno Local de Silleda vén de
adxudicar á empresa Endenor as obras de reforma do vaso da piscina municipal de Silleda. A empresa foi a que presentou a oferta máis vantaxosa das tres solicitadas. Os traballos foron adxudicados por un importe de 48.896,40 euros.
O mes pasado o goberno silledense aprobou o proxecto desta obra para mellorar a instalación ao aire libre que data do ano 1987 e que viña acumulando deterioros que causaban incidencias aos usuarios.
Así no vaso da piscina principal véñense producindo desprendementos do material cerámico usado nos acabados. Tamén na chamada zona de playa (andéns perimetrais) hai baldosas movidas ou desniveladas que dificultan o tránsito e podrían ocasionar caídas.
“Nos últimos anos viñéronse rexistrando incidencias que apremiaban realizar esta actuación”, indica o alcalde, Manuel Cuiña, lembrando que se teñen producido cortes nalgúns casos.
“Con esta iniciativa, que xa tiñamos contemplada nos orzamentos municipais para este ano 2017 adecuaremos esta instalación deportiva, moi utilizada durante o verán, tratando de subsanar as deficiencias existentes”, sinala Cuiña.
Os traballos consistirán na substitución do revestimento interior do vaso da piscina, así coma o levantado e reposición dos andenes perimetrais. Así mesmo, xunto con estas melloras realizaranse tamén obras de adaptación da piscina o á normativa existente, rebaixando a profundidade do vaso (ata 1,80 metros). “Estas son as medidas que marca a normativa vixente neste tipo de instalacións públicas e polo tanto aproveitaremos a reforma para realizar esta adaptación”, engade o alcalde.
“Con esta actuación continuamos apostando pola mellora das instalacións deportivas para o uso e disfrute dos nosos veciños e veciñas”, apunta o rexedor silledense.