Estarán situadas na praza Juan Salgueiro de Silleda
Realízanse ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra, cun investimento de máis de 50.000 euros
O Concello de Silleda acometerá nas vindeiras semanas actuacións que suporán a creación de novos espazos públicos e de ocio para desfrute da veciñanza máis nova.
Así, a Xunta de Goberno Local de Silleda vén de adxudicar -a proposta da Mesa de Contración- os traballos para a instalación dun skate park e dunha pista multideporte na praza Juan Salgueiro de Silleda. As obras serán executadas pola empresa Urbanismo Técnico Sostible S.L, por un importe de 54.329 euros, IVE engadido. Esta empresa presentou a oferta máis vantaxosa das tres que concorrían ao proceso de licitación.
Neste caso, as obras fináncianse a través da convocatoria do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra.
O skate park, formado por varios módulos para esta práctica deportiva instalarase na parcela municipal situada nas inmediacións da praza, ao carón da rúa Antón Alonso Ríos. A pista multideporte estará no espazo público xa existente da praza Juan Salgueiro, a modo de transición entre a propia praza e a zona axardinada.
O prazo de execución dos traballos é de 2 meses.
“Con esta iniciativa damos resposta a unhas das instalación máis demandadas ao que tempo que seguimos mellorando os espazos públicos”, indica a alcaldesa, Paula Fernández.