Ampliase o prazo para participar no curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria agrícola

Silleda, 5 de novembro de 2014. O Concello de Silleda acollerá a finais de mes un curso de prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria agrícola, ciclo que inclúe temas como o manexo práctico do tractor e os seus apeiros, cofinanciado polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través do Programa de Desenvolvemento Rural Sostible.

Dende a organización posponse a celebración deste ciclo, que queda fixado finalmente entre o 26 de novembro e o 2 de decembro. O prazo de inscrición continúa aberto. Todas aquelas persoas que queiran participar poden realizar as solicitudes chamando ao 981 584783, ou a través do correo eléctronico desenvolvementorural.issga@xunta.es.

Tamén se pode atopar máis información na web do Instituto Galego de Seguridade e Saude Laboral.

 

Este curso está dirixido a persoas traballadoras, mairoes de idade, tanto ocupadas como desempregadas na actividade agraria. Así mesmo os participantes deben cumprir unha serie de requisitos, como residir no municipio de Silleda ou nalgún dos concellos incluidos no plan de zona, e traballar ou ter traballado en empresas da citada zona.

As clases terán lugar na Casa da Cultura de Silleda, en horario de mañá. Además de sesións teóricas tamén habrá unha parte práctica. O ciclo terá unha duración de 18 horas e hai 15 prazas disponibles.

 “Cremos que este tipo de cursos son moi beneficiosos para seguir traballando na prevención de riscos laborais na agricultura, onde por desgracia segue habendo accidentes”, apunta a concelleira de Emprego, Pilar Peón.