De conformidade co previsto no artigo 133.1 da Lei 39/2015 do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, co obxectivo de mellroar a participación dos cidadáns no procedemento de elaboración das normas, con carácter previo á elaboración do proxecto de Ordenanza non fiscal Reguladora da Rodaxe Cinematográfica no Concello de Silleda, solicítase a opinión dos suxeitos e das entidades máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma acerca de:
a)As autorizacións municipais e outras así coma requisitos previos que serán precisas para exercer a actividade de rodaxes ou gravacións de películas de cine, longametraxes, mediometraxes, curtametraxes, programas de televisión, documentais, anuncios publicitarios, vídos, reportaxes ou calquera outro produto do sector audiovisual.
- b) Necesidade e oportunidade da súa aprobación: esta ordenanza fundaméntase no uso das competencias que lle atribúe ao Concello os artigos 4.1 a) , 25.2.d) e 84 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local; os artigos 6.1 a) , 80.2 d) e 286 e seguintes da Lei 5/1997 de 22 de xullo, de administración local de Galicia; e os artigos 3.1 e 74 e seguintes do Real Decreto 1372/1986, de 13 de xullo, polo que se aproba o regulamento de bens das Corporacións Locais.
Así mesmo para a aplicación desta ordenanza mediante a presentación dunha comunicación previa fundaméntase nos artigos 4 da Lei 40/2015 de 1 de outubro, do réxime xurídico das administracións públicas e 69 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e nos artigos 84.c), 84 bis e 84.ter da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.
- c) Os obxectivos da norma: regular a actividade de rodaxes ou gravacións de produtos audiovisuais no termo municipal de Silleda e que requiran ou afecten a bens e/ou servizos municipais.
- d) As posibles solucións alternativas reguladoras e non reguladoras: non existen
Os cidadáns, organizacións e asociacións que así o consideren poden facer chegar as súas opinións sobre os aspectos expostos durante o prazo de dez días ( a contar dende o día seguinte ao de publicación do presente anuncio na web municipal (https://silleda.es/), e na sede electrónica municipal ( http://silleda.sedelectronica.gal), mediante a súa presentación en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Silleda, na data da sinatura electrónica.
O alcalde,
Manuel Cuiña Fernández
20220304_Outros_Ordenanza Reguladora das Rodaxes Cinematográficas no Concello de Silleda