Silleda, 28 de marzo de 2018. O goberno municipal de Silleda vén de aprobar en Xunta de Goberno local o proxecto denominado Melloras de Camiños en Siador, que corresponde á segunda fase dos traballos prevista nesta localidade, na parroquia do mesmo nome.
Estas obras virán a completar a mellora do acceso ao lugar, acometida hai varios meses.
Os traballos acometeránse con cargo aos fondos que lle corresponden ao municipio a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, cunha inversión total de 48.373 euros.
Esta segunda fase suporá a mellora da rede viaria entre as vivendas do núcleo que se dotará de formigonado para salvar as deficiencias do firme actual.
Unha vez que o organismo provincial dé o visto bo á iniciativa, o Concello de Silleda procederá a contratar os traballos.
“Con esta nova fase de obras completamos a actuación no lugar de Siador, levando a cabo unha mellora integral nos accesos ante os graves desperfectos que presentaba a rede viaria desta localidade, unha das máis poboadas da parroquia”, sinala o concelleiro de Obras e Servizos, Klaus Brey. Na primeira fase investíronse máis de 100.000 euros nas obras, que incluiron a realización dun muro de contención ante o grave risco de derrube da pista principal de acceso a este núcleo rural.