Silleda, 18 de xuño de 2013. As obras de mellora do Centro Cultural Vista Alegre marchan a bo ritmo. Así llo expuxeron á alcaldesa, Paula Fernández e ao concelleiro de Obras e Servizos, Manuel Cuíña, os repsonsables da empresa Construcciones Areán, durante a visita que realizaron ás dependencias.
Os traballos comezaron o pasado mes de maio e deberán de estará rematados a principios de xullo. Aínda así, Manuel Cuíña explica que para “ser previsores e evitar que poidan xurdir complicacións administrativas optamos por pedir a prórroga máxima que permite a orde da subvención”.
Durante a visita aos traballos, na que tamén participou a presidenta da Asociación Cultural Vista Alegre, Dolores Sangiao, os responsables da constructora explicaron algún detalles de cómo quedarán as novas dependencias.
O proxecto busca a mellora da dotación do Centro Cultural Vista Alegre, todo un referente na comarca dezana no tocante á dinamización social e cultural. Con esta nova e agardada actuación poderase completar a dotación deste centro. Nas novas dependencias, na planta baixa, plantéxase un novo acceso. Dende o vestíbulo poderá accederse á aula, aseos, sala de exposicións, escenario e tamén ao antigo edificio. Na primeira planta o proxecto plantexa a dotación dunha aula multimedia e biblioteca.
Na parte exterior actuarase con gran sinxeleza, coa dotación dunha estreita franxa de céspede que remata nun zócalo de granito da sala de exposicións. También se prevé acceso axardiñado cara ao acceso principal.
Esta actuación, cunha inversión de 146.500 euros, financiarase coa subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) no marco das subvencións aos proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia, ás que o Concello de Silleda concorreu co proxecto de mellora do Centro Cultural Vista Alegre da Bandeira, e con fondos municipais. Así, o Concello aportará 47.070 euros a esta obra
Dende o goberno municipal consideráse que esta actuación permitirá materializar un proxecto moi necesario e que contribuirá a consolidar, aínda máis, o papel dinamizador do Centro Vista Alegre, mellorando os seus servizos e ofertas aos veciños da Bandeira e a súa contorna. “Trátase dunha das maiores inversións deste ano no municipio silledense”, sinala o concelleiro de Obras, Manuel Cuíña.