Silleda, 13 de decembro de 2016. As obras de urbanización e remodelación da rúa Lourás da Bandeira quedarán prácticamente rematadas esta semana. A actuación, que acomete o Concello de Silleda a través do Plan Concellos da Deputación, cunha inversión 161.000 euros, comezou o pasado mes de novembro.
Hoxe, logo da dotación das beirarrúas e o carril bici neste tramo da localidade procedeuse á dotación de aglomerado en quente en todo o tramo. A empresa adxudicataria, Construccións Míguez Xestoso, ten previsto rematar os traballos nos vindeiros días.
Nas próximas xornadas está previsto proceder á colocación das luminarias e ao pintado da rúa, que levará prazas de aparcamento no primeiro tramo, dende a rúa do Parque ata a altura do albergue de peregrinos. Esta é unha das actuacións que se enmcarca na creación de novas infraestruturas polas que se aposta nas inversións municipais deste ano, xunto con outras actuacións coma as beirarrúas dende a avenida da Estación de Silleda ata o recinto deportivo de O Castro.
“Cremos que xunto coa extensión de servizos básicos coma rede de augas ou melloras no alumeado público a urbanización de novos tramos é tamén unha aposta importante na mellora de servizos para os cidadáns”, engade Cuiña.
No caso desta actuación na Bandeira, o tramo une ademais unha das zonas máis utilizadas polos veciños e veciñas, -onde se atopan instalacións culturais e deportivas (campo de fútbol, auditorio e escola de música)- co centro do pobo.