Silleda, 9 de agosto de 2014. A Concellería de Emprego de Silleda, que dirixe Pilar Peón, en colaboración coa formadora Marta Cuíña, Máster pola Universidade de Salamanca en Coaching, continúa ofrecendo ao longo deste mes 1 sesión gratuíta , para desempregados/as do municipio municipio de Silleda.
Estas sesións, de media hora de duración cada unha, teñen como temática o autoemprego e coaching para emprendedores e veñense celebrando dende o pasado 8 de xullo nas instalacións da Casa da Cultura de Silleda, todos os martes e xoves durante en horario de 9:00 horas ás 12:00 horas.
As persoas interesadas en participar nestas sesións deberán inscribirse na propia Casa da Cultura ou ben chamando ao número de teléfono 986 58 10 28
As técnicas que se propoñen serven para reforzar competencias, axudar en proxectos de emprendedores, autoemprego e melloras nas ventas comerciales, para diferenciarse e posicionarse mellor no mercado laboral.
Tamén para empregados
Do mesmo xeito, tamén poderán contar con unha sesión gratuita todas aquelas persoas que xa teñan o seu negocio creado e que queiran coñecer algúns aspectos sobre como mellorar o seu proxecto ou empresa. Dende o seu inicio xa participaron nestas sesións medio centenar de persoas.