-O goberno municipal solicitou a restrición no tramo no mes de maio e reclamou a autorización varias veces nos últimos meses
Silleda, 3 de agosto de 2016. O Ministerio de Fomento vén de comunicar ao Concello de Silleda a autorización para o corte da estrada nacional Santiago-Ourense (N-525) para a celebración das festas de verán da Bandeira. O corte da vía para o tráfico, que cómo ven sendo habitual se desvía ao seu paso pola localidade, tería lugar entre as 16.00 horas do día 19 e as 6.00 horas do día 22 de agosto.
Dende o goberno municipal agradecese á Administración central que volvan a permitir o desvío do tráfico, unha medida moi necesaria por motivos de seguridade, dada a grande afluencia de persoas que acoden durante eses días á Bandeira. A solicitude do corte da estrada foi emitida no mes de maio dende o Concello de Silleda e reiterada vía telefónica en numerosas ocasións ata que se recibiu no día de hoxe.
O Concello ten depositada unha fianza de 12.000 euros, a modo de aval –medida imposta polo Ministerio de Fomento- ante a posibilidade de que se produzan danos, como pasou en anos anteriores. Ademais, dende o Concello faise un chamamento á cidadanía para velar por un desenvolvemento das festas en total normalidade, evitando danos e respectando ademais as sinais de circulación que se coloquen coa desviación do tráfico.