Silleda, 3 de agosto de 2017. O alcalde de Silleda, Manuel Cuiña, visitou hoxe as obras de construcción do Centro de Día e Residencia de Maiores. Os traballos, que realiza a firma Coviastec Silleda S.L., iniciáronse hai varias semanas na parcela municipal situada xunto ao recinto feiral.
“As obras están avanzando a bo ritmo”, sinala o alcalde sobre os traballos que comezaron co desterre da parcela. Está previsto que a cimentación se inicie o vindeiro mes de setembro.
A Residencia contará con 59 plazas e o Centro de Día con outras 20. A invesión total que executará a empresa ascende a 3,8 millóns de euros. O edificio deberá de estar rematado nun prazo máximo de ano e medio dende o inicio da construcción.
O alcalde destaca que os silledenses terán neste centro unha das prazas de Centro de Día máis baratas de Galicia, cun máximo de 300 euros ao mes, e tamén unhas das prazas residenciais máis baratas da comunidade.
“Antes de que remate a lexislatura poderemos ter logo de moitos anos de espera un dos servizos máis necesarios e agardados polos nosos veciños e veciñas”, indica Cuiña, destacando que está será “a obra de maior envergadura que se acometerá nesta lexislatura para o municipio de Silleda”.