BASES PARA A SELECCIÓN DUNHA PERSOA PARA O POSTO DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO EN RÉXIME DE INTERINIDADE POR PROGRAMAS NO DEPARTAMENO DE SERVIZOS SOCIAIS E EDUCACIÓN E CREACIÓN DUNHA BOLSA DE EMPREGO

Silleda, 22 de xuño de 2021. O BOP de Pontevedra publica hoxe o anuncio da convocatoria do proceso de selección dunha persoa como AUXILIAR ADMINISTRATIVA, como persoal funcionario interino no departamento de Servizos Sociais e Educación do Concello de Silleda e creación dunha bolsa de emprego. As persoas interesadas teñen 5 días hábiles a partir desta publicación no BOPPO para presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello. Poden consultar as bases no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica, nesta páxina web (a continuación) e no taboleiro de Edictos deste Concello.