Silleda, 16 de setembro de 2022. O Concello de constituirá unha bolsa de traballo para auxiliares do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). As bases para dita constitución foron aprobadas na última sesión da Xunta de Goberno Local, e dende hoxe poden consultarse –xunto cos requisitos e procedemento a seguir- tanto no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica, no taboleiro físico do Concello, como na web municipal.
O plazo para presentar solicitudes é de 5 días hábiles e extendarese dende o vindeiro luns día 19 ata o venres día 23. O obxecto desta bolsa de traballo é poder cubrir vacantes, baixas, vacacións, aumento de persoas usuarias ou calquera outra necesidade urxente que poida xurdir neste servizo municipal. A continuación poden consultarse as bases, así como obter os anexos que deben de cubrir as persoas aspirantes: