Silleda, 3 de decembro de 2016. Logo da recepción o pasado vernes, a delegación de Canéjan encabezada polo seu alcalde, Bernard Garrigou, celebrou hoxe unha intensa xornada para coñecer o municipio de Silleda.
A axenda comezou no recinto FEira Internacional de Galicia, onde o grupo amosou a súa admiración pola extensión das instalación. Tanto o alcalde silledense, Manuel Cuiña, como o director xeral da Fundación Semana Verde, Ricardo Durán, propuxeron á delegación que estiveran presentes na vindeira edición da Semana Verde de Galicia, que se celebrará do 8 ao 11 de xuño de 2017.
Bernard Garrigou confirmou xa que o municipio francés, cercano á cidade de Bourdeaux, participará nesta feira internacional . “Creo que será unha gran oportunidad para el desarrollo de nuestro municipio y para continuar dándonos a conocer”, indicou. Pese a ser un municipio menos extenso que Silleda cunha poboación de 5.000 habitantes, Canéjan conta con 4 polígonos industriais nos que se asentan máis de 200 empresas de diversos sectores, dende a agricultura ou a alimentación ata a producción de paneis solares.
Despois de percorrer o recinto feiral, onde coñeceron tamén as instalación da Lonxa Agropecuaria, pavillóns, auditorio… a comitiva trasladouse ata o mosteiro de Carboeiro, unha das xoias patrimoniais de Silleda. O románico foi o protagonista da mañá xunto con outro emblema do municipio, a Fervenza do Toxa, en Pazos. “Estoy realmente encantado de estar aquí”, apuntou Garrigou. “Tenemos muchas cosas en común entre nuestros pueblos en lo relativo a los valores, la cultura, el medio ambiente…aunque al mismo tiempo hay cosas que nos diferencian pero que también debemos de aprovechar”, indicou o rexedor francés.
En canto á participación na Semana Verde, Garrigou afirmou que se trata de “una gran oportunidad y consideramos que además del hermanamiento propiamente dicho podremos aprovechar de forma específica este aspecto en el ámbito de la economía”, engadiu. Cuando nos encontramos pronto vimos que había afinidad, hoy estamos seguros.
Pola súa banda o alcalde silledense, Manuel Cuiña, indicou que a participación de Canejan na Semana Verde se plantexa non só para dar impulso ás súas empresas senon tamén como un espazo no que o Concello francés amosará o seu potencial.
“Están sendo xornadas moi intensas porque queremos ensimar o noso municipio: a nosa cultura, a nosa natureza …”, indicou. Cuiña tamén apuntou que “máis aló do que será o irmandamento temos que apostar polo desenvolvemento dos nosos pobos para fortalece a nosa relación”, engadiu.
Logo dun xantar convidados pola Banda de Música de Silleda, o grupo achegouse ata o miradoiro de San Sebastián e ata a parroquia de Escuadro, onde visitaron o Centro de Interpretación da Natureza, a Fervenza de Férveda e unha explotación gandeira. Pola noite acudiron ao Concerto de Santa Icía en Bandeira, onde asitiron tamén convidados pola Banda de BAndeira a cea de confraternidade da agrupación.
Esta primeira visita de Canejan a Silleda rematará mañá domingo. O grupo coñecerá as instalación da queixería Cortes de Muar, en Negreiros, antes de asinar ás 11:00 horas no Salón de Plenos o xuramento de irmandamento.