Silleda, 5 de xaneiro de 2014. Silleda volveu vivir outra tarde noite de maxia e ilusión coa chegada das súas maxestades de Oriente. A tradicional cabalgata desafiou o mal tempo para realizar outro concorrido periplo polas principais rúas da vila, con Melchor, Gaspar e Baltasar como protagonistas. As súas maxestades foron recibidas polo alcalde, Manuel Cuíña, e outros membros da Corporación na Casa da Cultura, onde tamén se entregaron os premios do XIV Concurso de Escaparates de Nadal e o de Participación Lectora, que recaeu en Santiago González González, un neno de Silleda de 4 anos pola súa gran actividade na Biblioteca Municipal Daniel Castelao.
A Cabalgata rematou no pavillón municipal César González Fares, coas peticións dos máis novos aos Reis e chocolate con churros para todos os asistentes.