Silleda, 22 de agosto de 2017. Hoxe chegaron a Canéjan (Francia) os membros da expedición silledense que participarán ata o próximo luns 28 no programa de intercambio cultural. A comitiva partiu a pasada madrugada, con 20 membros do grupo de música e baile tradicional Fortín da Pomba e coa concelleira de Cultura, Ana Luisa González Costa, en autobús.
Á súa chegada foron recebidos polo alcalde de Canéjan, Bernard Garrigou, e pola presidenta co Comité de Irmandamento e Relacións Internacionais da localidade, Daniele Antoniazzi.
Ademais de visitas e outras actividades culturales o vindeiro sábado terá lugar o acto central na localidade francesa que sellará durante estas celebracións o seu irmandamento con Silleda e a localidade húngara de Nagykowacsi. Tamén estará presente a localidade italiana de Poggio Mirteto, coa que Canéjan está xa irmandada dende o ano 2003.
Estarán presentes na firma o alcalde, Manuel Cuiña, e a concelleira de Cultura, Ana Luisa González.
Mañá mércores haberá visita a Bourdeaux, localidade próxima a Caneján, para coñecer esta cidade famosa entre outros pola súa producción vinícola.
O xoves o grupo visitará as localidades de Andernos e Audenge e o venres desprazaránse ata o Castelo de Puyfromage, entre outros ademais de participar nas actividades de “Alberga Europa”.
O sábado 26 será o día grande do programa coa xornada na que Canéjan firmará definitivamente o irmandamento con Silleda e a cidade húngara. O acto, no que participará o alcalde, Manuel Cuiña, terá lugar ás 18:30 horas no Centro Simone Signoret e contará coa actuación do grupo de baile e música tradicional silledense, ademais de outras actuacións de grupos dos países participantes.