A cita terá lugar o sábado 2 de novembro
As entradas, por 13 euros, están xa á venda no Concello, na Cafetería Cuppedia e no Bar Arume
O auditorio municipal Manuel Dopazo acolle o vindeiro sábado 2 de novembro o espectáculo Toda una vida, un proxecto escénico sobre Antonio Machín, un dos máis grandes artistas do século pasado.
Finado en 1977, o xenio cubano é autor de temas coñecidos como Angelitos negros, El manisero e outros míticos como Dos gardenias… cancións que resoan na memoria de moita xente.
O cantante cubano Johnny Vergara revivirá os temas de Antonio Machín sobre o escenario, acompañado de imaxes da súa vida con narracións de Alberto Closas.
As entradas para asistir a este espectáculo para todos os públicos xa están á venda, ao prezo de 13 euros no Concello de Silleda, na Cafetería Cuppedia e no Bar Arume.