Silleda, 1 de xullo de 2016. A concelleira de Comercio, Ana Luisa González, comezou está mañá a entrega dos carteis de rebaixas solicitados polos comerciantes para a colocación nas vidreiras dos seus locais.
Esta iniciativa, englobada dentro das actividades programadas dende o Concello de Silleda para a promoción do comercio local, naceu dende as Concellerías de Comercio e Normalización Lingüística que se uniron para propoñer aos comerciantes do sector téxtil e calzado, esta proposta que se levará a cabo durante a campaña de rebaixas de este verán.
Trátase de ofrecer a aqueles comerciantes que así o solicitaron, (cóntase con 11 solicitudes), un total de tres carteis de rebaixas para colocar nos seus establecementos. Ademais, o propio cartel leva impreso tamén un lema en galego, para ademais de promover a compra no período de descontos, fomentar tamén o uso da lingua galega nas transaccións comerciais locais.