Silleda, 17 de outubro de 2013. Esta maña celebrouse unha nova xuntanza de voceiros para coñecer e analizar a resolución de alegación sao PXOM de Silleda. Nesta sesión, á que volveron a acudir os técnicos de Eptisa, a empresa redactora do planeamento, comezaronse a revisar as alegacións da zona rural.
Este proceso levouse a cabo por orde alfabético, comezando polas doce primeiras parroquias. Así, informouse do resultado das alegacións formuladas por veciños e propietarios de Abades, Ansemil, Breixa, Carboeiro, Cervaña, Chapa, Cira, Cortegada, Dornelas, Escuadro, Fiestras en Graba.
En total, os voceiros dos tres grupos políticos municipais coñeceron o resultado de 198 alegacións, das que a grande maioría foron estimadas parcial ou totalmente, xa que só se reixeitaron sobre unha vintena de reclamacións.
O alcalde e responsable municipal de Urbanismo, Manuel Cuíña, avanza que nos vindeiros días convocarase unha nova reunión para continuar analizando as referentes ao rural, que na maioría dos casos se refiren á inclusión/exclusión de terreos en núcleo. “Agardarmos que en dous ou tres encontros máis poidamos rematar este proceso para continuar, cante antes cos trámites do PXOM”, engade Cuíña.
Unha vez informadas todas as alegacións, os redactores deberán incorporar ao Plan Xeral as que foron aceptadas, para remitir o documento á Xunta.
Informe de Augas de Galicia
Por outra banda, hoxe mesmo chegou ao Concello de Silleda outro dos informes sectoriais sobre o PXOM, neste caso o do organismo Augas de Galicia, que se suma aos xa recibidos ata o de agora (Medio Ambiente, Facenda, Minas, Adif, Acega, Aviación Civil, e dos Concellos de Lalín, A Estrada e Forcarei).
“Mentres se continúa co proceso de revisión das alegacións, agardamos que continúen chegando os informes que faltan sobre o documento. A axilización dos prazos é moi importante, xa que a aprobación do PXOM é unha cuestión básica para Silleda”, engade o rexedor.