-A actividade transcorrerá entre os días 21, 22, e 23 de marzo, e consiste en descubrir 10 tesouros que se esconden dentro da xeografía do Concello de Silleda
Silleda, 12 de marzo de 2016. Xa está aberto o prazo para inscribirse en “¿Cánto coñeces de Silleda?”, a xincana promovida pola Anpa do CEIP de Silleda en colaboración coa Concellería de Turismo, que dirixe Ana Luisa González.
A actividade, que comezará o luns 21 ás 12 da mañá e rematará o mércores 23 ás 10:00, está dirixida a equipos de entre 2 e 5 persoas, onde ó menos unha delas terá que ser un alumno do CEIP Silleda. Cada equipo deberá contar cun capitán que disporá dun teléfono con cámara de fotos e Whatsapp. Terán que estar inscritos todos os membros.
A finalidade é descubrir 10 tesouros agachados en outros tantos enclaves turísticos do concello, para iso haberá que seguir as pistas que se irán deixando e que conducirán ó grande cofre do tesouro que conterá o premio final.
Ao remate desta ginkana, o mércores día 23, ás 11:00 da mañá, terá lugar no Mosteiro de Carboeiro un obradoiro denominado “E agora somos arquitectos”, no que nenos e maiores poderán descubrir cómo se construíu o mosteiro, e os fundamentos da arquitectura medieval. Esta actividade dará paso a entrega de premios, que se celebrará no mesmo enclave ás 12:00 horas.
Haberá un primeiro premio de 100 euros e entradas para o cine, e un segundo de 50 euros e máis un premio sorpresa.
As inscricións xa se poden facer no teléfono 646.030.542 ata o próximo mércores 16, e a recollida de instrucións terá lugar os días 21 e 22 na Casa da Xuventude de Silleda.