Silleda, 2 de abril de 2014. O ORAL vén de aprobar o padrón do imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) do exercicio 2014, que estará a exposición do público dende o vindeiro día 5 ata o 5 de xuño. Así mesmo, o periodo de cobranza en periodo voluntario do será nas mesmas datas. O imposto poderá abonarse a través de calquera entidade bancaria, na caixa dos servizos centrais do ORAL, na oficina virtual desta entidade ou a través de calquera modo autorizado legalmente, empregando os recibos que se enviarán por correo aos contribuíntes.
No caso de perda dos recibos, os contribuíntes poderán obter un duplicado nos servizos centrais do ORAL o una oficina desta entidade máis próxima ao seu domicilio .