Silleda, 6 de xuño de 2017. O Concello de Silleda inicia mañá o proceso para a implantación da Administración Electrónica. Esta implantación lévase a cabo en colaboración coa Deputación de Pontevedra, logo de que o Concello de Silleda se sumara o convenio do organismo provincial para levar a cabo estre procedemento nos municipios de menos de 40.000 habitantes.
Así, mañá terá lugar a presentación da ferramenta Gestiona, da entidade Espúblico, coa que se impartirá a formación ao personal municipal. Unha vez realizada esta presentación iniciarase o proceso para realizar consultorías por departamentos e proceder á formación do personal.
Esta nova forma de tramitación cambiará o sistema de traballao na entidade local, así coma o xeito de relacionarse cos usuarios, que con esta ferramenta poderán realizar unha serie de trámites dende dispositivos móbiles.
A Lei 39/2015, de 1 de octubre, do procedimiento administrativo común das Administracións Públicas regula o dereito da cidadanía a relacionarse coas distintas Administracións públicas a través de medios telemáticos. O proxecto de Administración electrónica para os Concellos contempla a implantación, parametrización e posta en marcha dos módulos que forman parte deste servizo. Así, poñerase a disposición do personal técnico municipal un sistema de xestión dixital de expedientes, así como unha sede electrónica para os cidadáns.
“A Administración electrónica é un paso necesario que agora damos na modernización do Concello, tamén coa axilización de trámites como un dos obxectivos”, indica o alcalde, Manuel Cuiña.