Silleda, 14 de xaneiro de 2015. Hoxe iniciouse na vila de Silleda a dotación dos colectores de carga lateral, unha das melloras recollidas no contrato do servizo de recollida de lixo.
En total nos vindeiros días quedarán instalados en Silleda e na Bandeira 160 novos colectores, 80 de residuos orgánicos e outros tantos amarelos, para a recollida selectiva.
O proceso iniciase coa substitución das unidades nas rúas, pero tamén coa súa reubicación. “Búscase redistribuir e agrupar todos os colectores, concentrando todas as unidades, as de orgánico, amarelo, vidro e papel-cartón, para así deixar tamén as rúas máis despexadas”, explica o alcalde.
De acordo coas características do vehículo de recollida, todos os colectores deben de estar na marxe dereita da vía (segundo o sentido de circulación).
A empresa adxudicataria do servizo, Celta Prix, continuará nos vindeiros días colocando os novos colectores de orgánico e selectivo. En canto aos verdes de orgánico dos 80 en total hai dúas tipoloxías: 60 unidades de 2.400 litros e 40 de 3.200 litros.
“Estes contenedores teñen unha capacidade que ven a triplicar a dos actuais, que rondan os 800 litros, pero ademais contan con unha serie de ventaxas que mellorar o servizo de recollida de lixo”, explica o alcalde, que hoxe supervisou co concelleiro de Medio Ambiente, Luis Rodríguez, o inicio dos traballos de colocación.
Así Cuiña cita que ao contar con áreas máis localizadas produciránse menos problemas no tocante ao tráfico. Así mesmo estes colectores, cos que xa contan as grandes vilas e cidades contan con outras vantaxes respecto aos. Non teñen rodas, contan con un sistema de apertura máis fácil para os cidadáns, e un peche hermético, co que se mellora tamén en aspectos coma a salubridade e a hixiene.
No caso dos colectores de vidro e papel-cartón, que tamén se recolocarán xunto as novas unidades haberá tamén algunhas reposicións e adecentamentos.
Reubicación no rural
Ata a data a vila de Silleda contaba con un total de 170 contenedores (90 de orgánico, 45 amarelos, 18 de vidro e 17 de papel cartón) e o núcleo da Bandeira con 79 (41 de orgánico, 25 amarelos, 7 de vidro e 6 de papel-cartón).
Con estes colectores que agora se retiran o Concello procederá a mellorar o servizo nas zonas rurais, onde nalgún caso pola falta de unidades os colectores de recollida selectiva (amárelos) están a facer a función dos orgánicos (no rural non hai recollida selectiva).
“Con esta medida acabaremos co déficit de colectores que temos nas parroquias”, sinala o alcalde, Manuel Cuíña, que advirte que o servizo de recollida en xeral “ademais de regularizarse co contrato asinado a finais do verán está a mellorar de forma considerable”.
No tocante á recollida selectiva, que só se realiza en zonas urbanas, tamén se amplia a periodicidade de recollida, pasando a realizarse unha vez por semana, en lugar de cada 15 días.
Dous días de recollida no rural e máis lavados
Así mesmo a empresa, tal e como recollían as cláusulas do contrato, realiza a recollida de lixo no rural dous días a semana, co que se duplica a retirada de residuos. “Esta é outras das importantes melloras que conseguimos co proceso de adxudicación”, remarca o alcalde.
Así mesmo, a empresa adxudicataria tamén se comprometue a ampliar as tarefas de lavado e limpeza dos colectores, que se realizarán entre 5 e 6 veces ao ano.
O contrato coa empresa Celta Prix, segundo establecen os pregos do concurso, terá unha duración de un ano, con unha cláusula de vencemento no caso de que o Concello de Silleda decida adherirse ao servizo de recollida provincial. O prezo de adxudicación foi de 185.000 euros, o que supón respecto ao que se viña prestando ata hai meses un aforro para as arcas municipais, de 24.000 euros anuais, é dicir, 2.000 euros cada mes.
“Con esta medida dende o goberno local estamos a cumprir cos compromisos adquiridos para mellorar o servizo de recollida”, engade o alcalde