-Os dispositivos, que se colocaron en varios edificios municipais foron retirados o mes pasado. Todos os niveis están dentro da media agás a Casa Consistorial na que agora se colocaron novos dispositivos que darán datos máis precisos
Silleda, 6 de agosto de 2020. A firma especializada 222 Radón, á que se lle adxudicou o estudio de incidencia do gas radón no Concello de Silleda, colocou hoxe novos dispositivos nas dependencias da casa consistorial silledense.
Esta nova medición chega despois de que mes pasado se recibirán os resultados dos ensaios sobre a medición da concentración do radón, con niveis que estaban dentro da media agás no caso da casa consistorial.
Na primeira medición, realizadas en varios edificios municipais, obtiveronse valores medios. Agora ao superarse neste caso o umbral establecido, optouse por continuar o estudo buscando solucións.
Os novos medidores que se instalaron hoxe aportan picos da incidencia a curto prazo. Os dispositivos, de maiores dimensións, darán agora datos medicións curtas, durante os próximos 4 días, pero con datos máis precisos en donde se medirán os picos de subida e a detención por horas.
No mes de febreiro colocáronse 48 detectores pasivos, durante cinco meses, repartidos en sete edificios do Concello.
Estiveron colocados en varios puntos da Casa Consistorial, do Centro Social de Silleda, Centro Social dos Maiores da Bandeira, o CEIP Plirilingüe de Silleda, CEIP Ramón de Valenzuela e no auditorio Manuel Dopazo.
Segundo os datos do estudo, en liñas xerais todos os edificios obtiveron bos resultados con uns niveis incluso mais baixos do pensado, a pesar de que Silleda é unha zona de alta concentración de radón, salvo, a Casa Consistorial que foi o edificio onde se deron índices por encima do recomendado debido a particularidade e á antigüidade da construcción.
O número de dispositivos se estableceu en cada edificio tendo en conta a superficie das dependencias, número de plantas e tempo de exposición das persoas usuarias.
Esta iniciativa, que leva a cabo aempresa especializada 222 Radón, consta de dúas partes: unha técnica e outra relativa ao inventario de zonas de risco. Deste xeito, o Concello de Silleda convírtese en pioneiro ao ser dos primeiros en cumplir co o R.D.1439/2010 de 5 de Novembro polo que se modifica o Regulamento sobre protección sanitaria contra radiacións ionizantes.
Galicia en xeral e o Concello de Silleda en particular son recoñecidos como zona de risco na concentración de gas radón, canceríxeno que se mide en Bequerelios e que se considera como límite aceptable a existencia de 300 bq por metro cúbico de aire.