Silleda, 19 de marzo de 2019. O Concello de Silleda comeza a repartir esta semana as trampas de tipo comercial e homologadas para a vespa velutina. Con esta iniciativa comeza a segunda fase do programa municipal Silleda contra a vespa velutina, que remataba o pasado sábado as sesións informativas para o público.
As trampas e o líquido atraínte outorgaránse, previo compromiso por escrito das persoas solicitantes, dende mañá mércores. As persoas usuarias comprométense a seguir o manual de instruccións que se lles facilitará, a cambiar de forma periódica o líquido atraínte en doses e a facer un seguemento dos insectos atrapados, contabilizando tanto o número de velutinas como da chamada “vespa crabro”, ata o mes de maio incluído.
As persoas interesadas en facerse con estas trampas, que entrega de xeito gratuíto o Concello de Silleda, poden recollelas no Centro Cultural Vista Alegre pola tarde (en horario de 16:00 a 22:00 horas) dende mañá día 20, o xoves 21, venres 22 e o vindeiro luns 25 e martes 26.
En Silleda poden recollerse en horario de mañá (de 10:00 a 14:00 horas) na Casa da Cultura, neste caso dende pasado mañá xoves e tamén ata o martes 26.
“Agardamos que este sistema de trampeo poida ser de utilidade para que os nosos veciños, sobre todo os apicultores foidan facer fronte aos estragos ocasionados por esta especie”, indica o alcalde Manuel Cuiña.
O programa Silleda contra a velutina arrancou o pasado día 9 cas primeiras sesións informativas, en Laro e Cira.
O pasado sábado estas charlas, que formaban parte da primeira fase da iniciativa, chegaban a Silleda e Bandeira constatando unha vez máis o grande interese e preocupación da veciñanza por esta Praga.
José Maria Bello, membro da directiva da Asociación Galega de Apicultura (AGA), explicou á veciñanza cuestións xenéricas sobre a especie, tratando en detalle o ciclo de vida da velutina. Así, explicáronse cuestións clave para diferenciar a velutina e os insectos propiamente galegos, como indentificar un niño primario, como erradicalos, cómo actuar ante un niño secundario, ou os perigos das picaduras, entre outros.
A terceira fase consistirá na posta en coñecemento dos niños secundarios a través do 012.