O Concello de Silleda convida a toda a veciñanza e visitantes a participar no concurso «Vai de Parroquias», unha orixinal iniciativa que busca promover o coñecemento das parroquias do municipio e que acada xa a súa terceira edición.
Recentemente, colocáronse “As Caixas do Correo Máxico”, uns buzóns de cor vermella, un por cada unha das parroquias. O obxectivo é que os participantes percorran estas localizacións utilizando un mapa dixital (preme aquí), dispoñible na páxina web do Concello. Durante a ruta, deberán facer unha foto xunto a cada caixa para deixar constancia da súa visita e completar unha carta aos Reis cas mensaxes que se atopan ao carón de cada unha delas.
Unha vez que os participantes reúnan todo o material, deberán envialo por correo electrónico a cultura@silleda.gal. Aqueles que completen o reto pasarán a ser candidatos dun sorteo que ten como premio 4 días en autocaravana para 4 persoas. Na web municipal están xa dispoñibles as bases do certame, a folla de inscrición , o mapa e a carta que debe de cumprimentarse cas mensaxes ocultas.
Dende o Concello de Silleda anímase a todos e todas a participar e descubrir a beleza e a riqueza cultural que ofrece Silleda a través deste certame.
Cartas para a rapazada
Así mesmo, as caixas de correo máxico tamén están a disposición de toda a rapazada para enviar as súas peticións este Nadal.
A continuación á vosa disposición o material necesario :