Silleda, 7 de decembro de 2016. O Concurso de Escaparates de Nadal organizado polo Concello de Silleda a través do departamento municipal de Comercio arrancará pasado mañá venres día 9 no marco do programa navideño en Silleda. O obxectivo do certame, que cumple xa 17 anos, é estimular nos comerciantes e empresas do municipio o movemento dos escaparates, de maneira que se dispoñan artísticamente e con sentido publicitario e comercial os produtos que se mostran.
Poderán participar tódolos comerciantes e empresarios do Concello que posúan escaparates
de exterior preparados de acordo cas condicións xerais que regulan o concurso.
Non se esixirá inscrición previa e será unha Comisión de Admisión a que determinará a partir do día 9 qué establecementos entrarán a formar parte do grupo de seleccionados para o concurso final.
Outorgaránse tres premios: un primeiro do Concello de Silleda dotado con 200 euros, un segundo premio , dotado con 150 euros que aporta o Hotel Vía Argentum e un terceiro de 100 euros en vales de compra por xentileza do colectivo ECOS. Os establecementos galardoados recibirán ademais candanseu diploma.
O xurado valorará entre outras cuestións a orixinalidade e innovación, iluminación dos escparates e tamén o seu carácter comercial á hora de amosar o produto.
Tendo en conta as diferenzas existentes entre os distintos comercios e os produtos que
se poden expoñer, valoraranse os medios e recursos cos que se contan así como o esforzo
feito en cada traballo.
Os premios serán entregados o vindeiro día 4 de xaneiro. O xurado desta 17 edición do certame de escaparates estará integrado por profesoras e alumnos/as do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marketing do IES Pintor Colmeiro de Silleda. Figurarán así as docentes María Helena González Lois, María Teresa Verde Sánchez e María Teresa López Vázquez.
Segundo se recollen nas bases só entrarán en concurso escaparates de exterior, e deben de estar elaborados a vindeira semana, permanecendo en exposición ata o 5 de xaneiro. Durante estes días, intentarase non modificar o escaparate concursante en canto ó contido e non poderán engadirse carteis ou reclamos que modifiquen o verdadeiro espírito do concurso.
Nos deseños ou exposicións deberán ofrecerse detalles alusivos ás festas do momento,con presenza obrigada de produtos de venda do establecemento, sendo libre a temática a empregar. Valorarase o esforzo por renovar os escaparates e o uso do galego nas mensaxes.
Dende a Concellería de Comercio agradécese a participación tanto dos comercio como das firmas e entidades colaboradoras así como a colaboración dos membros do xurado.
A concelleira de Comercio, Ana Luisa González Costa, destaca ademais o esforzo “realizado por algúns comerciantes de Silleda que durante todo o ano se esforzan por renovar e sorprendéndonos con orixinais creacións nos seus escaparates”, unha cuestión da que tamén se falou a pasada semana na reunión mantida con membros do sector, e que se abordou como unha das cuestións dinamizadoras do comercio local.