-Esta actividade ven a sumarse a outras que se veñen realizando xa dende o mes de outubro
Silleda, 23 de febreiro de 2016. A Concellería de Benestar Social, A través do Club do Centro Social dos Maiores, ven de comezar o curso de pintura, programado xa dende o mes de outubro.
Esta oferta artística, que conta cunha decena de inscritos, dou comezo no día de hoxe, e terá lugar tódolos martes, de 11:00 a 12:00 na Casa de Cultura de Silleda, ata o próximo mes de xuño. É unha actividade gratuíta, pero non inclúe o material.
Dentro dos obradoiros que xa se veñen impartindo, figuran dende actividades para familiarizar aos maiores coas novas tecnoloxías, ata traballos de práctica de exercicio físico ou de creación artística, como é este curso de pintura.
Dende a Concellería de Benestar queren salientar a boa acollida das actividades ofertadas e a variedade das propostas para os maiores, que lles axuden a manterse activos, tanto física como emocionalmente, tal e como indica a concelleira, Pili Peón.