-Os contratos, a xornadas completa, terán unha duración de 6 meses
Silleda, 30 de marzo de 2022. O Concello de Silleda conta desde hoxe con 9 novos operarios por un periodo de 6 meses, ata setembro. Estas novas contratacións leváronse a cabo a través da Liña 3 do programa Plan Concellos, da Deputación de Pontevedra, organismo que vén financiando nos últimos anos esta iniciativa de contratación, no marco da loita contra o desemprego.
Así para este exercicio, contase cun total de 9 persoas: unha administrativa e 8 peóns para tarefas de mantemento e limpeza.
Este persoal, outorgado a todos os Concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, dedicarase no caso de Silleda ao desenvolvemento dun plan obras e servizos e tamén ao apoio –no caso do posto de administrativo- aos servizos xerais do Concello.
Estas contratacións supoñen un investimento de 92.300 euros, que se financiarán a través da citada liña do Plan Concellos.
“Un ano máis volvemos a contar con personal a través do Plan Concellos, unha medida que ademais de contribuir a creación de emprego no noso municipio tamén vén a mellorar a prestación de servizos aos nosos veciños”, engade o alcalde, Manuel Cuiña, que hoxe recibiu ás nove persoas no salón de Plenos, xunto ca concelleira de Persoal, Pili Peón, e a tenente de Alcalde, Mónica González.