Silleda, 13 de novembro de 2014. Hoxe comezaron na Casa da Cultura de Silledas as sesión tituladas “Acendo o ordenador”, dentro do programa Silleda Activa dirixidas a persoas maiores.
As sesións, que se celebran os xoves, teñen por obxecto ensinar aos participantes a utilizar o ordenador e a incorporalo como unha ferramenta máis da vida diaria. Este obradoiro súmase a outras actividades do programa, como o obradoiro de memoria que , baixo o título Exercita a túa mente, se celebra os mércores, na Casa de Xuventude (de 11.30 a 12.30) e os venres, en horario de 11.00 a 12.00 no Centro Social da Bandeira.
O obradoiro Divírtome co móvil e as clases de xinmasia de mantemento, no Centro Social de Silleda, completan a oferta do programa posto en marcha dende a Concellería de Participación Cidadá, que dirixe Pilar Peón. Todas as actividades, agás a de ximnasia, son gratuitas.
Para recibir máis información ou anotarse as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 986 592037, 986 580064, ou ben inscribirse directamente nos Centros Sociais dos Maiores de Silleda e da Bandeira.