Silleda, 23 de xuño de 2014. Hoxe comezaron os traballos de acondicionamento do solar cedido ao Concello de Silleda por Edifar Desarrollos Urbanísticos S.L., que se dotará como zona axardinada e de paso entre as instalacións do campo de golf rústico.
Está previsto que nos vindeiros días rematen os traballos o recheo da parcela, que conta con un sovacón, para continuar despois os traballos de acondicionamento do terreo, sito entre as rúas María Colmeiro e rúa I. Esta zona axardinada serviará para unir o campo de minigolf que está xa instalado xunto ao edificio da Escola de Música co campo de entrenamento.
Esta mesma parcela motivou no seu día queixas por carecer dun valado axeitado. Agora, e logo da cesión dos seus propietarios, e as obras asumidas polo Concello mellórase non só a estética da zona senon tamén a seguridade.
“Estamos moi agradecidos a estes particulares e entidades que están asinando convenios de cesión grazas aos que todos os veciños poderemos disfrutar, neste caso, dunhas instalacións axeitadas”, sinala o concelleiro de Deportes, Klaus Brey. O campo que se utilizará para a Escola Municipal de Golf Rústico abrirase nas vindeiras semanas ao público unha vez que rematen todos os traballos de acondicionamento e mellora.