Silleda, 1 de abril de 2015. Hoxe deron comezo as obras de mellora do vial entre Chapa e Medelo, incluidos polo goberno municipal silledense no Plan Marco, para a mellora de camiños de titularidade municipal, á empresa Fernández Sarmiento. Logo de estudar as ofertas presentadas esta resultou a mellor opción.
A pista, con algo máis de 1,8 kilómetros parte dende Chapa ata Medelo (ata o entronque coa estrada provincial). Todo o tramo vaise dotar de aglomerado.
O alcalde, Manuel Cuiña, lembra que ante a realización destas obras, que hoxe comezaron, aproveitouse para acometer os traballos de extensión da rede da traída de augas á parroquia de Chapa.
Esta actuación está integrada no Plan Marco que este ano en Silleda conta con un orzamento total de 162.383 euros, para a actuación sobre tres vías. Así, ademais da actuación que comezou hoxe, tamén se realizará a mellora do Camiño a Penido (entre A Devesa e Chapa) e de Paradela de Abaixo, en Martixe
“Con este proxecto de pavimentacións e reforzo de firmes nos camiños o Concello de Silleda continua coa mellora das infraestruturas viarias no rural”, sinala o alcalde, Manuel Cuiña.