Silleda, 12 de xaneiro de 2017. O alumnado do módulo formativo de Colocación de Pedra natural do Obradoiro de Emprego Semente de Pedra 2016 comezou hoxe a traballar no entorno da praza da Igrexa, onde se levará a cabo unha das actuacións desta iniciativa.
Logo de varias xornadas de traballo no taller de canteiría, o alumnado iniciou hoxe as obras de proxecto de mellora do entorno da praza da igrexa, un entorno urbano, un espazo público de tránsito peonil e integrado nunha céntrica zona comercial e de ocio. O proxecto busca mellorar este entorno, eliminando barreiras e cunha mellor dotación de mobiliario urbano.
O grupo, con 8 alumnos/as, traballará na dotación dun muro e solado de pedra na parte traseira da igrexa parroquial, en zonas donde non se actuara con anterioridade e na reconstrucción da fonte da praza. A antiga instalación, que xa comezou hoxe a demolerse estaba degradada e en desuso. Será substituida no mesmo emprazamento por un orixinal deseño no que estarán representadas as 33 parroquias do municipio.
Os traballos no entorno da igrexa prorrogaránse durante as vindeiras semanas.
O obradoiro de emprego, que continuará ata o mes de xuño, tamén levará a cabo actuacións na parcela onde se ubicará o futuro Centro de Día Residencial, preto do recinto feiral silledense. “Son dúas actuacións que deixarán a impronta dos 20 participantes deste Obradoiro no noso municipio”, engade o alcalde, Manuel Cuiña destacando a importancia destas dúas actuacións “ademais da oportunidade que supón esta iniciativa para a formación e empregabilidade dos nosos veciños e veciñas participantes”, sinala.