Silleda, 3 de setembro de 2013. As obras de reparación do paso sobre o río Refoxos, no vial que da acceso á parroquia de Parada comezaron hoxe. Esta apremiante actuación, polo gran deterioro da tubaxe da ponte, foi incluída xa o pasado ano no Plan de Investimentos da Deputación (PID), pero pese a tratarse dunha obra urxente, os traballos tiveron que retrasarse durante meses debidos as condicións do río, xa que o elevado caudal dificultaba a execución das obras.
As obras foron adxudicadas á empresa Pena Caramés por 34.001 euros as obras a finais do pasado ano. Dende o goberno municipal, que solicitou axuda á administración provincial para acometer esta actuación, xa se restrinxira o tráfico a vehículos agríciolas e pesados (ata 4 toneladas) neste punto dende agosto de 2012, a vista do mal estado do vial neste punto.
Foi no verán pasado cando se detectou a formación de socavóns por mor do afundimento dos tubos metálicos que forman parte da estructura da carretera e dende a Asociación de Veciños de Parada se alertaba do grave perido que supoñía. Pouco despois a Xunta de Goberno Local aprobou un proxecto de reparación urxente e extraordinaria, ao tempo que se solicitaba tamén dende o Concello ao organismo autónomo Augas de Galicia autorización para a retirada de toda a canalización do regato sobre a que se asenta o vial,
“Por fin, logo dunha longa espera comezaron xa estas obras, unha auténtica necesidade polas pésimas condicións deste paso sobre o río e por tratarse tamén do principal acceso á parroquia”, sinala o alcalde e responsable de Obras, Manuel Cuíña.
Un mes de prazo
A actuación que executa a empresa silledense Pena Caramés ten un mes de prazo e mentras se acometan os traballos o vial de Portodabalde estará pechado ao tráfico, desviándose o acceso por outra pista da parroquia.
O Concello de Silleda realizaou en varias ocasións reparacións neste punto, onde os tubos metálicos colocados a modo de ponte romperon xa en dúas ocasións provocando o afundimento do firme. “Pese aos traballos feitos, era moi necesario acometer unha actuación en condicións como a que hoxe comeza”, sinala o alcalde, amosando a súa satisfacción polo inicio das traballos.