Silleda,7 de maio de 2019. Hoxe deron comezo as obras do proxecto denominado Mellora de Mobilidade e Seguridade Vial no Entorno do Centro de Saúde e Centro Social de Maiores de Silleda e suporá a urbanización total dunha das zonas máis transitadas da vila, onde se ubican servizos coma o Centro de Saúde, o Centro Social dos Maiores ou o cuartel da Garda Civil.
Os traballos, adxudicados á empresa Taboada y Ramos, acométense con cargo ao programa Depo Remse, da Deputación de Pontevedra, que ten como obxectivo permitir aos municipios de menos de 50.000 habilitantes a remodelación das súas rúas e viarios para facilitar a comunicación entre espazos dotacionais.
O proxecto suporá unha inversión de case 500.000 euros Así, a través deste plan provincial, o tramo coñecido como rúa Chousa Nova, dende o enlace coas rúas María Colmeiro e avenida do Parque, ata o cruce coa EP-7201 e a PO-201.
Máis de 1 millón de euros de inversión
“Esta actuación xunto coa urbanización do entorno do Centro de Día e Residencia dos Maiores suporá o arranque definitivo do futuro cinturón verde da vila de Silleda, que unirá a zona do recinto feiral coa carballeira das Pedrosas”, explica o alcalde, que advirte que estas dúas obras suman máis de 1 millón de euros de inversión.
Ademais da dotación de pasos sobreelevados, na rúa Chousa Nova tamén se acondicionará o tramo con zonas axardinadas, adoquíns, novo mobiliario (farolas, papeleiras…), aparcamento e servizos coma unha parada de autobús e outra para taxi.
“Logramos con esta actuación outra inversión histórica para o noso municipio que mudará o aspecto desta zona e suporá iniciar un proxecto máis ambicioso a nivel de ordenación urbanística”, explica o alcalde, Manuel Cuiña, que lembra a urbanización do entorno da residencia se iniciará nos vindeiros meses.