Silleda, 14 de xaneiro de 2013. As agardadas obras do albergue de peregrinos da Bandeira comezaron hoxe na rúa Agro do Balo, onde o Concello conta coa parcela cedida por unha familia da localidade para contar con esta dotación. A empresa adxudicataria dos traballos, Aopil, inicio as labores previas para a instalación do edificio, que contar con 13 módulos prefabricados. Así, a empresa comeza os traballos estes días coa limpeza do solar e o movemento de terras.
Responsables e operarios da firma adxudicataria reuníronse hoxe na parcela cos técnicos municipais e cos concelleiros responsables de Turismo e de Obras e Servizos, Matías Rodríguez da Torre e Manuel Cuíña Fernández, respectivamente, para establecer distintos aspectos sobre o inicio das obras.
Ao Concello de Silleda correspóndelle ademais a instalación de servizos básicos (auga, saneamento..), aspectos que se abordaron no encontro que tivo lugar esta mañá.
Segundo manifestou o responsable de Aopil, o albergue da Bandeira estará listo a finais do vindeiro mes de marzo, para a Semana Santa, ofrecendo un novo e necesario servizo para os peregrinos que realizan cada ano a Ruta da Prata.
Entrada principal pola rúa Lourás
A dotación, con 13 módulos prefabricados, foi adxudicada recentemente por parte da Secretaría Xeral de turismo á citada empresa, por importe de 216.016 euros. A parcela da propiedade dunha familia da Bandeira, á que dende o Concello se lle agradece a cesión realizada mediante convenio, terá o acceso principal dende a rúa Lourás.
O edificio construirase coa colocación dun total de 13 módulos prefabricados de alta calidade, con climatización, un patio interior cuberto, e instalacións de enerxías renovables, en pranta baixa. A capacidade, como xa se anunciou no seu día, é de 36 prazas. O espazo distribuese en dormitorios, dormitorios para persoas con discapacidade, aseos, duchas e cociña-comedor. Así mesmo, as zonas disponibles entre os módulos servirán como áreas de descanso e zona de lavado e secado.
O exterior do edificio quedará revestido con paneis de resinas termoendurecibles (tipo “trespa”), mentras que os espazos xenerados entre os módulos realizaranse a base de pranchas de polietileno reticulado. O convenio entre o Concello de Silleda e o Xacobeo establece que a cesión do terreo se realizará por un prazo de 15 anos, coa posibilidade de revisar o acordo no primeiro lustro.