-Hoxe celebrouse a primeira sesión do calendario, que continuará ata decembro, con 15 usuarios
Silleda, 16 de abril de 2015. O Concello de Silleda continúa co programa integral de Alzheimer, posto en marcha o pasado mes de marzo en colaboración coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias da provincia de Pontevedra (AFAPO).
Logo do curso para coidadores/as, no que participaron 24 persoas, hoxe iniciaronse os obradoiros de estimulación cognitiva para enfermos. Estas sesións, nas que participan un total de 15 veciños e veciñas de Silleda, continuarán na Casa da Xuventude ata o vindeiro mes de decembro.
Celebraránse todos os martes e xoves de 10.30 a 12.30 horas, cun descanso estival no mes de agosto.
O Concello de Silleda foi un dos municipios seleccionados para formar parte da Rede Paraguas Alzhéimer, da man da Federación de Asociacións Galegas de Enfermos de Alzhéimer, (Fagal) e da Fundación Barrié. Estas sesións xa foron impartidas por personal de Afapo, tamén dirixidas tanto a coidadores como a doentes.
“Con este programa integral queremos atender ás familias silledenses que que conviven diariamente con esta enfermidade, prestando atención tanto aos familiares e coidadores como aos propios enfermos”, explica o alcalde, Manuel Cuiña.