Comezaron as obras de dotación de aglomerado no acceso a Silleda por Vilanova

Silleda, 7 de abril de 2015. Hoxe deron comezo os traballos para a dotación de novo aglomerado no tramo de acceso ao casco urbán de Silleda por Vilanova, onde se está a acometer un dos proxectos máis ambiciosos de mellora de infraestructuras.

Para facilitar o tránsito de vehículos neste tramo, polo que circulan diariamente numerosos vehículos, restrinxiuse o tráfico a un só carril, regulando o paso con semáforos de obra.

Esta é unha das obras máis agardadas no ámbito da mellora de  e infraestruturas urbanas, nesta vía que conecta a estrada nacional N-525 coa rúa da Estación. Trátase de unha das actuacións máis ambiciosas desta lexislatura con unha inversión de 110.000 euros.

A empresa adxudicataria, Endenor, iniciou xa o mes pasado os traballos de barrido, limpez e selado das fendas existentes para asegurar a integridade e impermeabilidade do firme.

A mellora rematarse coa creación de unha senda peonil, coa correspondente iluminación na marxe dereita do vial (en dirección á rúa da Estación).

 

 

O progresivo aumento do tráfico neste vial , _que tamén da acceso ao lugar de Vilanova, ao recinto feiral Semana Verde, instalacións coma o tanatorio, e á estrada provincial que vai á parroquia de O Castro, entre outras, – fixo que o vial acuse a día de hoxe un notable deterioro do firme.

“Con esta inversión, dende o Concello apostamos por mellorar un dos accesos principais ao casco urbano silledense, que funciona a modo de circunvalación e que é moi utilizado”, explica o alcalde Manuel Cuiña, que afirma que a creación da senda peonil “suporá un valor engadido para esta zona periurbana, ofrecendo un novo servizo aos cidadáns e mellorando tamén a estética do acceso, convertíndose nunha das fachadas da capital municipal”, sostén o alcalde.

Tamén se procederá á dotación de novas sinais de circulación tanto horizontais como verticais. Todo o tramo será dotado con novas luminarias.